martes, 15 de noviembre de 2016



 PROGRAMA DE VOLUNTARIADO


    Desde o colexio ofrecemos distintas opcións de colaboración e convidamos ás familias
    a que poidan participar destas actividades de voluntariado. Algunhas propostas por
    se vos animades.

· Cáritas: Apoio escolar en colaboración para alumnos de colexios da zona de Teis. Nenos e nenas con necesidade de reforzo nas tres linguas e matemáticas. Será os luns e mércores, de 17:15 a 18:45 no Centro Gárate

· Xaruma: Apoio en informática. Proxecto de integración, rehabilitación e reforzo terapéutico con persoas con enfermidade mental, e respiro para as súas familias. Contidos de informática a nivel usuario. No Centro Gárate, os xoves de 17:30 a 19.00 horas.
          · Residencia Santa Marta de persoas maiores. Traballo con usuarios dependentes,
           conversación e axuda nas comidas.


                            ANÍMATE A PARTICIPAR!!!!!