lunes, 3 de abril de 2017

CAMPAMENTO SEMANA SANTA


     
Dende Xaruma gustaríanos informárvos que os vindeiros días 10,11 e 12 de abril de
09:00 a 14:30, realizaremos un campamento para nenos/as de 3 a 12 anos.
Realizaránse manualidades, obradoiros e dinámicas variadas, contacontos e
animación lectora, intelixencia emocional e... moitos xogos e  diversión!!!
A aportación será de 42€ os tres días. Se se prefire vir días soltos a
aportación será de 15€.
Se veñen irmáns farase un desconto do 10% no prezo final.
Tamén temos horario madruga para quen o precise de 08:00 a 09:00
da mañá. Deberáse avisar con antelación e a aportación será de 3€ máis
o día.

Para apuntarse só se ten que cubrir a folla de inscrición adxuntada e tráela
por Xaruma ou enviala por correo electrónico (Despois traer orixinal).
O prazo remata o xoves 6 de abril ás 14:00 horas.




Para máis información dirixirse a:
http://www.xaruma.org/evento/313_eventosxaruma.html

¡¡¡Esperámosvos!!!